17/4/12

Edublogs

Os edublogs son ferramentas moi útiles para comunicarse cos alumnos e alumnas, xa que permiten publicar información complementaria interesante, así como colgar apuntes para que o alumnado os descargue. A través deles, tamén podemos comunicarnos coas familias para informalos das reunións de pais e actividades do centro.

Tecnoloxía nas aulas

Edublogs

A través desta imaxe podemos explicar de xeito claro as características básicas dun edublog, ademais de ver as principais vantaxes de traballar con estas ferramentas.

Que é un edublog?


·         Que é un edublog?


Un edublog é un blog escrito por alguén relacionado coa educación, cuxo principal obxectivo é apoiar o proceso de ensinanza nun contexto educativo.


Hai diversos tipos de edublogs, por exemplo os blogs escritos por mestres, blogs destinados a propósitos de clases, ou blogs escritos sobre política educativa.


O conxunto de edublogs coñécese co nome de blogosfera, e ás persoas que fan uso deste servizo, edubloggers.





·         Ferramentas ou programas que podemos usar para a creación dun blog:


Entre as múltiples ferramentas  e programas que podemos usar para a creación do noso propio blog, están:


o   Servidores cun total control sobre as aplicacións: son programas como WordPress, Flashblog, B2evolution…


o   Sistemas pechados e gratuítos: nesta categoría atopamos páxinas como  Blogger, Blogia, Blogsmome, Nireblog…


o   Blogs integrados nunha plataforma de e-learning, como poden ser Moodle, dotlrn.org...





·         Usos dos blogs nunha pedagoxía construtivista:


Como ben podemos extraer do artigo de Tíscar Lara sobre os edublogs e, máis concretamente, sobre o uso dos blogs nunha pedagoxía construtivista, baseada nos estudos cognitivos de Piaget e na relevancia da interacción social promulgada por Vigotsky, o mestre debe ser un mediador á hora de obter o coñecemento, isto é, debe facilitar os instrumentos necesarios para que os seus alumnos constrúan a súa propia aprendizaxe; por isto, os edublogs son de grande axuda, pois serven de apoio ao e-learning, establecendo ademais unha interacción social que lles permite experimentar o seu propio proceso de aprendizaxe.


Así mesmo, debe guiar aos seus alumnos, antes de que se convertan en bloggers, no coñecemento dos blogs e o seu funcionamento. Para isto, o propio mestre debe ter coñecementos previos, pois doutra maneira os estudantes non terán un referente claro a quen seguir.


Penso que un dos usos principais que lle daría eu nas miñas clases sería o de incorporar noticias relacionadas coa miña asignatura, xa que deste xeito non tería que levar á clase todas as noticias e podería empregar o tempo para outras actividades nas que o alumnado tivera máis dificultades, podendo consultar noutro momento o blog para ver as xa mencionadas noticias.


Outro dos usos que podería darlle sería para publicar apuntes complementarios aos dados na aula, para resolver dúbidas que en horario lectivo non tiveramos tempo de tratar…, así como para enlazar con outros blogs interesantes, ben dos propios alumnos ou ben doutros mestres.