Na miña opinión, un edublog, de aula ou de profesor, tería que ter unha estrutura clara para que o alumnado teña os instrumentos necesarios ao seu alcance, dun xeito que non admita erros nin confusións, xa que se se comete o máis mínimo fallo, o resultado podería ser que os conceptos que nun principio pensamos que quedaran explicados e asimilados non o estean, chegando a producirse suspensos.
Por isto, é moi importante que os contidos estean ordenados por temáticas que non admitan equivocacións á hora da súa categorización, non asignándolle a cada tema máis dunha ou dúas etiquetas. Así mesmo, na páxina principal deberían estar presentadas só as temáticas, para logo ao acceder a elas ver os contidos correspondentes á mesma.
Ademais, en cada temática sería bo incluír unha serie de actividades relacionadas con ese contido, para que o alumnado practique os novos coñecementos adquiridos e os afiance sen ter que esperar á seguinte clase sobre esa materia, xa que se lle podería esquecer gran parte do aprendido.
Estas actividades deberían ser adecuadas á súa idade e coñecementos, pero supoñéndolle un grao de dificultade lixeiramente maior á das competencias propias , pois do contrario podería perder o interese por unha tarefa extremadamente doada para as súas capacidades. Un bo exemplo de actividade podería ser que o alumnado use o blog como diario no que elaborar resumos do visto na aula, pois así o profesorado sabería se os contidos quedaron ben explicados ou non; outro tipo de actividades podería ser colgar no blog do mestre xogos didácticos para que os nenos realicen, pois deste xeito repasarán á vez que se divirten.

No hay comentarios:
Publicar un comentario